Anuncios
Ticker de novas

Nigrán inviste 18.000 € na compra dun brazo desbrozador articulado capaz de alcanzar ata 6 metros

O Concello de Nigrán, a través do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra, vén de adquirir un brazo desbrozador articulado extensible por 18.000 €. Ata o de agora, o Consistorio carecía dun cabezal con alcance suficiente para a realización de moitos traballos de limpeza en viarios e espazos públicos, polo que resultaba moi dificultoso e lento realizar determinadas cortas.

A máquina, instalada nun tractor Landini Powerfarm, chega ata 6 metros dende o centro do vehículo ata o final do cabezal e permitirá realizar limpeza de cunetas, camiños ou zonas de maleza con moita maior rapidez e precisión. “Chega a puntos que antes era imposible, polo que suporá un mellor mantemento dos espazos públicos de Nigrán”, incide o alcalde, Juan González.

Anuncios
error: Contido protexido