A OMIX de Nigrán informa sobre os Campamentos Polideportivos da Deputación

O Concello de Nigrán informa que xa está aberto o prazo de solicitude para os Campamentos Polideportivos Príncipe Felipe para o ano 2019 organizados pola Deputación de Pontevedra. Os campamentos están destinados a persoas nacidas entre os anos 2005 e 2012 ambos os dous incluídos que teñan o seu domicilio habitual en calquera dos concellos da provincia de Pontevedra. O período de solicitude remata o día 15 de abril. Para máis información as persoas interesadas poden dirixirse á OMIX de Nigrán situada na Estrada pola Vía, 65 (antiga estación do tranvía) Panxón, Tlf: 986 383 081.