
Este domingo día 31 de marzo celébrase nas instalacións da Piscina Mancomunada da Ramallosa a novena edición do Campionato Escolar de Natación do Val Miñor, organizado pola Concellería de Deportes do Concello de Baiona en colaboración coa Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, a Mancomunidade do Val Miñor e Serviocio, dentro do programa Xogade da Xunta de Galicia.
O campionato conta cun total de 125 inscritos entre todas as categorías e probas, estando representados colexios e clubs de área metropolitana: Santa Cristina, Ángel de la Guarda, Chano Piñeiro, Escuela Nieto, Párroco Don Camilo, Fontes-Baíña, Oia, Serra-Vincios, IES Escolas Proval, Carlos Casares, Tuy Nº 1, Souto Donas, Cova Terreña, Mallón, Pousa Fontán, Divino Salvador, Belesar, CEIP Da Cruz, Andersen, Arquitecto Palacios, Barrantes, Los Sauces, Ría de Vigo, IES Mos, IES Primero de Marzo, ADA Salvaterra, Humberto Juanes, Estudio, Salesianos Don Bosco e Sabarís. Por categorías, 42 son prebenxamíns, 40 benxamíns, 31 alevíns e 11 infantís.
A competición comezará ás 10:00 da mañá e finalizará ás 13:00 horas coa entrega de medallas e sorteo de agasallos entre os participantes. A organización entregará trofeos conmemorativos aos primeiros clasificados de cada categoría ademais dunha completa merenda para todos os participantes e un gorro por participar da marca Arena, que patrocina o evento.
HORARIO | CLASIFICATORIAS | HORARIO | FINAIS |
10.00 H | 50 ESPALDA INFANTIL | 12.15 H | 50 ESPALDA INFANTIL |
10.15 H | 50 ESPALDA ALEVIN | 12.20 H | 50 ESPALDA ALEVIN |
10.30 H | 50 CROLL INFANTIL | 12.25 H | 50 CROLL INFANTIL |
10.45 H | 50 CROLL ALEVIN | 12.30 H | 50 CROLL ALEVIN |
11.00 H | 25 ESPALDA BENXAMIN | 12.35 H | 25 ESPALDABENXAMIN |
11.30 H | 25 ESPALDA PREBENXAMIN | 12.40 H | 25 ESPALDA PREBENXAMIN |
11.45 H | 25 CROLL BENXAMIN | 12.45 H | 25 CROLL BENXAMIN |
12.00 H | 25 CROLL PREBENXAIMIN | 12.50 H | 25 CROLL PREBENXAMIN |