O Pavillón Municipal de Deportes de Baiona acolle este sábado 30 de marzo desde as 11:30 da mañá a VIII Xornada Escolar de Ximnasia Rítmica organiza polo Club As Estelas, contando coa colaboración do Concello. Máis de 70 nenos e nenas daranse cita no evento, no que participarán o Club Escola Rosalía, o Colexio Cluny de Vigo, o CEIP Mallón de Nigrán, o CPI Arquitecto Palacios de Panxón, o CEIP Tomiño, Ureca, o Club As Estelas e as Escolas As Estelas. Haberá sorteo de varios obsequios de comercios locais.
VIII Xornada Escolar de Ximnasia Rítmica en Baiona

