O Concello de Nigrán súmase por cuarto ano consecutivo á campaña «A Hora do Planeta» apagando as luces da contorna do consistorio, nun xesto solidario que promove a conservación do medio ambiente. A iniciativa, convocada polo Fondo Mundial para a Natureza (WWF) para este sábado dende as 20:30 ás 21:30 horas, é moito máis que apagar a luz durante unha hora, é un gran movemento global para enfrontar un problema global: o cambio climático. Unha campaña multitudinaria que empezou no 2007 en Sidney, impulsada por WWF, como un xesto simbólico.
O municipio de Nigrán xa figura na páxina web da Hora do Planeta como partícipe da iniciativa á que se sumaron 469 concellos. Ademais, o Concello anima á veciñanza a que durante todo el día se una a un ou varios destes retos: #RetoDíaSinCarne (precísanse15.500 litros de agua para producir un kilo de carne); #RetoDíaSinPlástico dun só uso (cada ano rematan 100 millóns de toneladas de plástico á natureza); #RetoDíaSinEmisions (o transporte urbano é o causante do 30% de tódalas emisións de CO2).
«Este xesto simbólico vai máis alá do apagado de luces, o que busca WWF e nós uníndonos a este tipo de propostas é focalizar a atención da cidadanía no medio ambiente e promover outro tipo de accións ao longo do ano encamiñadas a favorecer a protección da natureza e o aforro enerxético», aclara o alcalde de Nigrán, Juan González.

