Concentración de coches de luxo no Parador de Baiona

Maserati MC Stradale.

O Parador de Turismo “Conde de Gondomar” de Baiona acollerá este sábado 30 de marzo unha concentración de coches de luxo. Desde as 12:30 ata as 13:15 horas poderán verse coches das firmas Lamborghini, Bugatti Ferrari, Aston Martin, Porshe… e en exclusiva un Maserati MC Stradale traído especialmente desde Madrid.