Clase de taichí gratuíta no Bosque da Memoria de Chandebrito

A Asociación de Veciños “O Castro” de Chandebrito organiza este sábado día 30 de marzo ás 10:30 da mañá unha clase maxistral de taichí no Bosque da Memoria. A actividade, gratuíta e aberta a todos os públicos, será impartida por Jose Antonio Portela, profesor titulado e xerente do ximnasio Di-Som de Camos.

Anuncios