O Banco de Alimentos de Vigo organiza esta fin de semana a súa primeira Operación Quilo do ano

A Fundación Provincial Banco de Alimentos de Vigo levará cabo esta fin de semana a que será a súa primeira Operación Quilo do ano coa que pretende abastecerse dalgúns produtos que xa empezan a escasear no almacén co que conta en Lavadores.

Serán ao redor de 80 voluntarias e voluntarios os que participarán nesta acción solidario que se desenvolverá este venres e sábado, días 29 e 30 de marzo, nos Alcampo tanto da Avenida de Madrid como de Coia, durante o horario comercial de ambos os dous hipermercados.

Cando se cumpren xa case cinco meses da celebración da Gran Recollida Solidaria na que se recadaron 330.000 quilos de comida en tan só dous días, algúns produtos comezan a estar en niveis moi baixos nos andeis da nave do Banco de Alimentos. Leite, aceite, cacao, galletas ou conservas son os alimentos que máis se necesitan agora mesmo.

Desde o Banco de Alimentos agradécese a implicación das voluntarias e voluntarios que desinteresadamente acudirán aos dous Alcampo onde, perfectamente identificados con chalecos da entidade, facilitarán as doazóns que a cidadanía considere achegar.

Anuncios