Sin categoría

Asemblea aberta de Manifesto Miñor-En Marea en Baiona

Estes venres día 29 de marzo, ás 20:00 horas no Multiusos Ángel Bedriñana de Baiona, Manifesto Miñor+En Marea celebrarán unha asemblea aberta co obxecto de compartir con toda a veciñanza de Baiona as inquedanzas, as suxestións, e tamén recibir as críticas se fose o caso, para lle ir dando forma ao programa electoral das vindeiras eleccións municipais do mes maio.

Asemade, outro dos obxectivos da devandita asemblea é a de conseguir e animar a que a veciñanza participe libremente neste proceso electoral colaborando en MM+En Marea. “Só abrindo as organizacións políticas á sociedade será posible un cambio en profundidade no Concello de Baiona, sinala Antonio Araújo.

“Todos somos necesarios: mulleres, homes, mozos, novos, vellos… traballadores, mariñeiros, desempregados, ecoloxistas, feministas. A candidatura de MM+En Marea, pretende a diversidade e a pluralidade dunha sociedade do S. XXI”, conclúe Araújo.