Os dous equipos do Siglo XXI de Vilariño, campións galegos de dardos electrónicos

O Siglo XXI A tras proclamarse campión de España en 2017.

Os dous equipos do Siglo XXI de Vilariño veñen de proclamarse campións galegos de dardos electrónicos de aro estreito. O Siglo XXI A, formado por Guille, Fabi, Capelo, Freddy, Dani, Suízo e Dudu, fíxose co campionato de primeira categoría, e participará o mes próximo no Campionato Internacional que se celebrará en Lloret de Mar, Barcelona. No ano 2017 foron campións de España na mesma modalidade. O Siglo XXI B, composto por Manu, España, Santi, Jose, Fabi e Suso, proclamouse campión galego en segunda categoría.

Anuncios