Nigrán abre o prazo de inscrición para un curso gratuíto de obtención de sementes

O Concello de Nigrán ofrece un curso gratuíto de obtención de sementes o 6 de abril de 10:00 a 14:00 horas no Centro Antena (Otero Pedrayo, 52) tendo prioridade os empadroados no municipio. Os interesados poden inscribirse do 25 ao 29 de marzo na Oficina de Información Cidadá do Concello de Nigrán (luns a venres de 9:00 a 14:00 horas). Seguirase unha rigorosa orde de inscrición ata completar as 20 prazas ofertadas.

A formación inclúe aprender a distinguir as sementes locais das que non o son, o manexo e o saber popular, a biodiversidade como fonte de recursos e sustentabilidade, os tipos de flores e polinización, os principais cultivos hortícolas e a súa polinización, ou como extraer, limpar, secar e conservar as sementes.

Anuncios