Gondomar reforza o persoal da Policía Local, que na actualidade conta con 9 axentes, coa incorporación de catro auxiliares, que foron presentados este venres polo Xefe do Corpo, Obdulio Iglesias, ante o alcalde, Paco Ferreira, como máximo responsable da administración local.
Esta incorporación de catro novos efectivos, froito do convenio asinado entre a Xunta de Galicia a través da Academia Galega de Seguridade Pública e o Concello de Gondomar, reforzará durante seis meses o corpo policial co obxectivo de desenvolver e mellorar as funcións encomendadas.

