O CEIP Humberto Juanes presenta a súa IV Marcha Cicloturista Nigrán-Baiona

O CEIP Humberto Juanes organiza un ano máis a súa marcha cicloturista, na que tamén participan os alumnos de intercambio de Manchester. A actividade, que foi presentada esta mañá no centro, terá lugar o xoves 28 e mobilizará a 140 persoas que farán en bicicleta o traxecto Nigrán-Baiona. Na mesma colaboran os Concellos de Nigrán e Baiona, as policías locais de ambos os dous municipios, o Club Ciclista Rías Baixas e o Centro Juan María, que estará presente con 30 usuarios que empregarán as bicicletas adaptadas mercadas polo Concello de Nigrán para o uso de persoas con diversidade funcional.

Trátase do quinceavo ano que se realiza o intercambio escolar e o cuarto consecutivo no que se fai a marcha cicloturista, na que participan os alumnos de 5º e 6º. Os alumnos ingleses coas súas familias chegarán a Nigrán o martes 26 e permanecerán en Nigrán ata o martes 2, neste tempo, ademais da marcha cicloturista, terán actividades como vela no Monte Real de Baiona, excursión ás illas Cíes…

«Son tres centros educativos de Nigrán que teñen intercambios con alumnos de Manchester, o que implica que o noso municipio é un sitio de referencia para esta cidade, así que o intercambio é algo moi positivo dende o punto de vista educativo, pero sen dúbida tamén dende o punto de vista da nosa promoción exterior», indicou o alcalde, Juan González, durante a presentación.

Anuncios