
O Concello de Gondomar celebrou hoxe o Día Mundial da auga con charlas informativas nos colexios Serra Vincios e Neira Vilas en Peitieiros, para seguir en días sucesivos nos demais colexios e asociacións de veciños, apoiadas coa entrega do Manual de Bos Usos: “En Gondomar amamos a auga”, editado polo Concello.
As charlas están impartidas por técnicos da empresa concesionaria do Servizo Municipal de Auga, Espina y Delfín, co obxectivo de concienciar que a auga é un ben esencial para a vida e o seu acceso foi recoñecido no ano 2010 polas Nacións Unidas, como un dereito humano esencial e cada pinga conta.