Anuncios
Ticker de novas

O Conservatorio de Gondomar presenta o Festival Primavera Son 2019

O Conservatorio Municipal de Gondomar presentou onte no Auditorio Lois Tobío a programación do Festival Primavera Son 2019. Dende marzo ata xuño o Conservatorio presentará varias actividades como concertos, masterclass,conferencias, II Noite no Conser, e obradoiros, entre os que destacan a participación dos profesores Paula Colás, Felipe Agell, Agustín Lage e Emilio Álvarez, o conferenciante Roberto Relova, que falará en catro sesións da “A (de)construción dos grandes personaxes femininos desde a música, o mito e a historia”, e o concerto do grupo cómico de percusión “Píscore” co espectáculo “Concerto Singular”. Tamén colaborarán no festival Patricia Moreira, cunha sesión de Ioga para nenos, a artista plástica, Irene Silva Xiráldez, as alumnas e alumnos do conservatorio de música, e o grupo de teatro xuvenil “Pritis Guomis”. Este festival está organizado pola Concellería de Cultura, dirixida por Nuria Lameiro.

Anuncios
error: Contido protexido