Anuncios
Ticker de novas

Presentan en Vincios un proxecto para a dinamización integral dos montes locais

As Comunidades de Montes de Vincios, Couso, Peitieiros, Chaín, Borreiros, Donas, Vilaza, Mañufe, Gondomar e ELM de Morgadáns presentan este xoves 21 de marzo ás 19:30 horas no Centro Cultural de Vincios a posta en marcha do proxecto SAXMEL no Concello de Gondomar.

Trátase dun proxecto de innovación dirixido á dinamización integral do recurso forestal local coa participación activa da totalidade dos axentes socio-económicos ligados ao mesmo, cun único obxectivo: lograr a optimización socio-económica e ambiental do recurso, e que será desenvolto en fase piloto a iniciativa da firma promotora fmC forestal y medioambiente consultores durante un período aproximado de 18 meses coa total colaboración das Comunidades de Montes de Gondomar.

O acto, que terá unha duración estimada de 1 hora, cunha rolda de preguntas e debate á súa finalización, está dirixido a cidadáns de Gondomar, asociacións de veciños, culturais e deportivas, comunidades de montes, comuneiros e propietarios forestais, Mancomunidade de Montes do Val Miñor, Proxecto Troco2, Concellos de Gondomar, Nigrán e Baiona, partidos políticos, Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Distrito Forestal, Universidade de Vigo, CIF Lourizán, GDE Maiv-Baixo Miño, Organización Galega de Comunidades de Montes, Asociación Forestal de Galicia, ASEFOGA, Deputación de Pontevedra, Cámara de Comercio, empresas do sector e emprendedores forestais.

Anuncios
error: Contido protexido