A comparsa “O millor de cada casa” organiza este sábado 23 de marzo desde as 17:00 horas no Centro Cultural de Borreiros unha gran festa de despedida do Entroido. Ademais da comparsa anfitrioa, actuarán “Os tres soles de Raticulín”, “Fortunae”, “LDanzia” e “A Vila”. Para poñer fin á festa haberá chocolate gratis, música en directo e moitas ganas de festa con DJ Novo.
Gran festa de despedida do Entroido en Borreiros

