Sin categoría

Galaicosquad Val Miñor colabora na retirada de pneumáticos dos montes de Couso

Membros do moto club Galaicosquad Val Miñor colaboraron este martes na retirada de pneumáticos aparecidos nas ladeiras dos montes de Couso, en Gondomar. “Como non era de fácil acceso, pedíronnos a nós se podiamos sacalos para unha zona na que tivese acceso un camión, para recollelos e levalos para a súa posterior destrución”. Con esta acción, desde o moto club tamén pretenden concienciar á poboación “do que non se debe facer, e de que nós coidamos o monte, non como pensa moita xente”.