Primeira quedada de coches multimarca en Camos

A Asociación “A Camoesa” do Centro Cultural de Camos, coa colaboración do Concello de Nigrán, organiza o vindeiro sábado 23 de marzo desde as 12:00 ata as 20:00 horas a súa I KDD Multimarca para coches racing, clásicos, rally, stance, drift, 4×4, jdm… Contarán cunha zona de exposición de máis de 4.000 metros cadrados e unha zona reservada para coches deportivos. Haberá cantina con bocadillos e sorteos durante o evento. Calquera coche será ben recibido e a participación é totalmente gratuíta.