Anuncios
Ticker de novas

Prado celebra as festas de San Xosé

FOTO: MIRIAM RODRÍGUEZ // Procesión de San Xosé en Prado.

O barrio de Prado, na parroquia gondomareña de Morgadáns, celebra nos próximos días as festas na honra de San Xosé. As orquestras Gran Parada e New York amenizarán a gran verbena do luns 18 de marzo. O martes 19 ás 12:00 do mediodía terá lugar a Misa con procesión acompañada polo grupo de gaitas O Balcón do Val Miñor, e pola noite, a gran verbena estará amenizada pola orquestra Xacobeo. O torreiro estará cuberto cunha carpa.

Anuncios