Anuncios
Ticker de novas

O equipo sénior do CB Nigrán proclámase campión do Torneo Cidade de Ponferrada

O CB Nigrán desprazouse co seu equipo sénior esta fin de semana a Ponferrada para disputar o Torneo Cidade de Ponferrada onde se proclamaron campións ao conseguir a vitoria en todos os encontros disputados.

A primeira semifinal para o CB Nigrán chegou o sábado ás 11:30 e disputárona contra Elosúa León, que contaba con varios integrantes ex-ACB.

Bo primeiro cuarto do CB Nigrán, moi acertado desde a liña de 3 e con vantaxes de ata 7 puntos. No segundo e terceiro cuarto igualouse o marcador, cun Elosúa con gran xogo interior, máis intensos en defensa e máis acertados no tiro exterior. No comezo do último cuarto chegaron os mellores minutos do CB Nigrán, que serviron para certificar unha gran vitoria por 53-65.

E así o CB Nigrán chegou á final, que disputou contra o equipo local, Ponferrada. Desde o comezo, gran concentración defensiva e acerto exterior do CB Nigrán, superando pronto a barreira dos 10 puntos de vantaxe, chegando ao descanso cun claro 21-39.

A segunda parte continuou coa mesma dinámica, seguindo o CB Nigrán moi ben en defensa e culminando ben as contras, para acabar proclamándose campión cun resultado de 30-66.

Agora toca volver a casa e disputar os últimos partidos da liga e seguir defendendo o seu liderado como primeiros da táboa e conseguir así una das prazas que lle darían o dereito para xogar a fase de ascenso.

Anuncios