O CPI Arquitecto Palacios de Panxón contra o cambio climático

O CPI Plurilingüe Arquitecto Palacios de Panxón sumouse este venres aos numerosos actos que se están a celebrar en todo o mundo promovidos polo movemento Fridays for Future contra o cambio climático. Este movemento foi iniciado por unha estudante sueca, Greta Thunberg, cando se sentaba ante o Parlamento sueco en folga polo cambio climático, debido á incapacidade dos gobernos para afrontalo. Así, os alumnos e alumnas do centro de Nigrán tamén fixeron un parón ás 12:00 do mediodía para reclamar medidas urxentes contra un problema que van padecer as futuras xeracións.

Anuncios