Iván Puentes, no ciclo de faladoiros do IEM sobre o municipalismo

O Instituto de Estudos Miñoráns organiza este venres día 15 de marzo ás 20:30 horas un novo faladoiro do ciclo «Galicia 2017-2020: presente e futuros», no que intervirá o secretario de política municipal do Partido Socialista de Galicia, Iván Puentes. Moderará a xornada Luís Álvarez Pousa (Director da revista Tempos Novos). O contido da xornada tratará sobre a situación de Galicia 2017-2020 respecto do municipalismo. Desenvolverase na Aula de Cultura Ponte de Rosas, Avenida da Feira Nº 10 baixo, Gondomar.

Anuncios