Chandebrito 1807 proxecta “Nuestras fiestas de allá”, rodado no Val Miñor en 1928

No día de hoxe cúmprense 90 anos da estrea en Montevideo do documental “Nuestras fiestas de allá”, rodado no Val Miñor durante o verán de 1928 por emigrantes desta comarca. No vídeo pódense apreciar as costumes da poboación de varias parroquias do Val, as súas festas e procesións, o alumnado nas escolas, paisaxes…, constituíndo un documento único do lugar de gran interese cultural. Para conmemorar o aniversario, a Asociación Chandebrito 1807, proxectará o referido vídeo o luns día 18 de marzo a partires das 19:30 horas na escola infantil de Chandebrito, convidando a asistir a todos a esta actividade gratuíta.

Anuncios