Anuncios
Ticker de novas

Anxo Uzal nomeado como mellor deportista promesa na Gala do Deporte de Vigo

O baionés Anxo Uzal Paredes, foi proposto como Mellor Deportista Promesa pola Federación Galega de Loita para a Gala do Deporte de Vigo e a súa comarca, que terá lugar este xoves en Vigo. O deportista, do Club de Loita Sabarís e becado no Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra, foi proposto polos seguintes méritos deportivos:

1º- Campionato Galego cadete Libre Olímpica. 20/01/2018 en Santiago de Compostela.
1º- Campionato Galego júnior Loita Libre Olímpica. 24/02/2018 en Vigo.
3º- Campionato de España júnior Loita Libre Olímpica 61 kg. 10/03/2018 en Xixón.
3º- Campionato de España cadete Loita Libre Olímpica 60 kg. 17/03/2018 en Pontevedra.
5º- Campionato Internacional Jóvenes Promesas, coa selección nacional cadete. 14/04/2018 La Nucía.
1º- Torneo Internacional ALAB de Portugal en Libre Olímpica. 17/11/2018 Braga (POR).

Anuncios