
O Gondomar CF crea fútbol base para todas as categorías, e unha escola de formación. En virtude dos estatutos do club, da súa centenaria historia e de acordo coa idea fundacional da entidade, abren o prazo de pre inscrición. Trátase dunha escola de alto rendemento, que atente unha demanda histórica do club e do Val Miñor. Ademais, permitirá a rapaces e rapazas de Gondomar e a súa contorna, xogar no club de sempre: o Gondomar CF.
Créase unha escola de fútbol de alto rendemento, con técnicos profesionais e unha boa estrutura, para traballar dende a diversión, en beneficio da formación e a educación en valores. Unha escola diferente, alcanzable, amable, e con moitas actividades paralelas para regalar unha gran etapa, a pequenos e maiores.
As novas tecnoloxías permitirán un trato próximo coas familias, a súa realidade e as súas necesidades. Ábrese dende xa, unha liña telefónica (10:00-14:00 e 16:30-21:00) e con WhatsApp, no 682 269 770. Tamén pódese contactar a través do correo futbolbase@gondomarcf.com.
Xogadores e xogadoras serán protagonistas das activas redes sociais do club, e terán programas específicos de formación, e dende unha realidade adaptada a cada un, vivirán a competición coma un profesional.