Anuncios
Ticker de novas

Una muller resultou ferida nun accidente con dous vehículos implicados en Gondomar

Ao redor das 17:15 horas desta tarde unha persoa resultou ferida nun accidente en Gondomar, á altura do nº22 da Avenida de Gondomar. Dous vehículos víronse implicados e unha muller resultaba ferida, así o narraba a persoa que chamaba ao Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia para informar do accidente. De inmediato, informouse ao 061-Urxencias Sanitarias, aos axentes da Garda Civil de Tráfico e dos membros do GES do Val Miñor. Finalizada a intervención os servizos sanitarios confirmaron o traslado dunha muller ferida de consideración ao Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo.

Anuncios