Baiona abre o prazo para solicitar praza no Programa de Conciliación de Semana Santa

FOTO: CONCELLO DE BAIONA // Ángel Rodal e Carmen Paredes, na clausura do Programa de Conciliacion de Nadal 2016.

O Concello de Baiona informa da apertura do prazo para solicitar praza no Programa de Conciliación de Semana Santa 2019 desde o martes 12 de marzo ata o mércores 27 de marzo, ambos os dous incluídos. As bases que rexen a convocatoria poden descargarse da páxina web municipal ou recollerse no rexistro de entrada do Concello ou no Centro Municipal de Información á Muller. Para máis información poden contactar no teléfono 986 357 554.

O programa desenvolverase os días 15, 16, 17 e 22 de abril de 8:00 a 15:00 horas no CPI Cova Terreña. Haberá flexibilidade no horario de entrada (de 8:00 a 9:15 horas) e no horario de saída (de 13:45 a 15:00 horas). O Programa de Conciliación de Semana Santa 2019 pretende ocupar o tempo libre dos nenos e nenas en idade escolar de forma organizada e planificada a través de actividades de calidade. É unha medida municipal de conciliación promovida pola Concellería de Igualdade, e cofinanciada polo Concello de Baiona e as familias participantes.

Anuncios