O CPA Gondomar proclámase subcampión de España de Grupos Show Pequenos

Este sábado baixouse o pano ao primeiro gran evento do curso en patinaxe artística: o XVIII Campionato de España de Grupos Show. O Pavillón Multiusos de Guadalaxara vibrou cos 20 mellores Grupos Show Pequenos do noso país, no mellor campionato da historia.

Tras unha tarde-noite espectacular, o CP L’Aldea co seu “Without The Sun” proclamouse, un ano máis, campión de España cunha puntuación xeral de 95,20. O segundo lugar foi para o CPA Gondomar, que ofreceron o seu espectacular “Saint Mary”, mentres que o PA Maçanet completou o podio grazas ao seu “Follow Me”.

Punto e final ao primeiro capítulo dunha tempada que terá o seu punto máis álxido en casa, cos World Roller Games 2019 de Barcelona. Espectáculo e emoción asegurados.

Anuncios