A Deputación financia en Nigrán a pavimentación de camiños na parroquia de San Pedro

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, informou da aprobación dun investimento para o Concello de Nigrán con cargo á Liña 1 do Plan Concellos 2019. En concreto, son 131.371,08 euros cos que a vila poderá financiar a pavimentación de diferentes camiños na parroquia de San Pedro.

Máis polo miúdo, as obras consistirán na mellora do firme de nove rúas que están situadas nos arredores do centro urbano, na parroquia de San Pedro. Os camiños a pavimentar son: Camiño Pereiro, Camiño Igrexa, Camiño Ana Isabel Costas Piñeiro, Camiño Pontillón, Camiño Cotros de Arriba, Camiño Altamira, Camiño Rego, Camiño Mallón-Pedreiros e Camiño Pereiras.