Talaso Atlántico acolle este domingo 10 de marzo a súa sexta edición de feira de vodas, con máis firmas que nunca. Participarán 30 profesionais do sector de vodas, entre fotógrafos, realizadores de vídeos, Dj, músicos, deseñadores de invitacións, firmas de traxes de noivos, xoiería, agasallos para convidados, aluguer de automóbiles ou fotomatón, floristas, debuxantes de caricaturas, axencia de viaxes, reposteiros, tratamentos de beleza ou organizadores de vodas.
A feira abrirá as súas portas ás 15:00 horas, ata as 20:00 horas, e está previsto sortear unha estancia para dúas persoas entre os asistentes. Para acceder ao espazo de Talaso Atlántico no que se celebrará a feira, é necesario ter unha invitación que se poderá conseguir chamando previamente ao hotel, ao teléfono 986 38 50 90.
Talaso Atlántico é un dos lugares elixidos polas noivas e noivos galegos para celebrar a súa voda. Non só polas súas instalacións e equipo humano senón tamén pola súa privilexiada localización. A feira de vodas que acolle cada ano trátase dunha cita consolidada á que cada acoden os futuros noivos e noivas para coñecer as últimas tendencias neste tipo de celebracións.

