Nigrán informa sobre os campamentos “Depo Aventura A Lanzada”

O Concello de Nigrán informa que xa está aberto o prazo de solicitude para os campamentos “Depo Aventura A Lanzada” para o ano 2019 organizados pola Deputación de Pontevedra. Os campamentos están destinados a mozos e mozas nados entre os anos 2006 e 2011. O período de solicitude remata o día 28 de marzo. Para máis información as persoas interesadas poden dirixirse á OMIX de Nigrán situada na Estrada pola Vía, 65 (antiga estación do tranvía) Panxón, Tlf: 986 383 081.