
O vindeiro domingo día 31 de marzo desde as 10:00 ata as 13:15 horas a Concellería de Deportes de Baiona, en colaboración coa Secretaría Xeral da Xunta de Galicia, organiza na Piscina Mancomunada da Ramallosa o IX Campionato Escolar de Natación do Val Miñor. As categorías participantes son Pre Benxamín Mixto (12-11), Benxamín Mixto (10-09), Alevín Mixto (08-07) e Infantil Mixto (06-05).
A data límite de inscrición será o día 28 de marzo. É obrigatorio cumprir os prazos, xa que hai que ter dados de alta no seguro aos pequenos participantes. Para formalizar a inscrición pódese cubrir o boletín de inscrición e facelo chegar ao Pavillón Municipal de Baiona vía e mail a deportes@baiona.org, chamando ao 986 356 558 e deixando os datos do participante ou que algún responsable do centro educativo recolla todas as peticións dos interesados e remítaas ao Pavillón (é necesario como mínimo nome completo, data de nacemento, colexio ao que pertence, teléfono de contacto e probas nas que participa).
O número de prazas para participar será limitado, sendo por rigorosa orde de inscrición.
Realizaranse quendas clasificatorias en cada unha das probas ata obter aos mellores 6 tempos de todas elas, para posteriormente realizar a final na devandita proba. As probas son de carácter mixto e as saídas a cada unha delas realizarase desde o interior do vaso (non salto).
As probas son 25 metros croll e 25 metros costas para Prebenxamíns, 25 metros croll e 25 metros costas para Benxamíns, 50 metros croll e 50 metros costas para Alevíns e 50 metros croll e 50 metros costas para Infantís.
Os rapaces só poderán participar na súa correspondente categoría. Ás 13:00 horas está prevista a entrega de medallas e sorteo entre os participantes.
Para máis información os interesados poden contactar co Pavillón Municipal de Baiona no teléfono 986 356 558 ou no correo deportes@baiona.org.
HORARIO | CLASIFICATORIAS | HORARIO | FINAIS |
10.00 H | 50 COSTAS INFANTIL | 12.15 H | 50 COSTAS INFANTIL |
10.15 H | 50 COSTAS ALEVIN | 12.20 H | 50 COSTAS ALEVIN |
10.30 H | 50 CROLL INFANTIL | 12.25 H | 50 CROLL INFANTIL |
10.45 H | 50 CROLL ALEVIN | 12.30 H | 50 CROLL ALEVIN |
11.00 H | 25 COSTAS BENJAMIN | 12.35 H | 25 COSTAS BENXAMIN |
11.30 H | 25 COSTAS PREBENXAMIN | 12.40 H | 25 COSTAS PREBENXAMIN |
11.45 H | 25 CROLL BENXAMIN | 12.45 H | 25 CROLL BENXAMIN |
12.00 H | 25 CROLL PREBENXAIMIN | 12.50 H | 25 CROLL PREBENXAMIN |