Demostración gratuíta de cestería tradicional en Chandebrito

A Asociación Chandebrito 1807, coa colaboración da Fundación Liste do Concello de Vigo, promove unha demostración de cestería tradicional gratuíta para o luns día 11 de marzo, en horario de 19:00 a 20:30 horas, na antiga escola infantil da parroquia (Rúa da Igrexa, 2).

O artesán cesteiro Rubén Berto Covelo impartirá unha clase teórico-práctica, na que abordará os materiais, tipoloxías e usos (transporte, almacenaxe e conservación, pesca…) e logo fará unha demostración de tecido de cestos.

As persoas interesadas en asistir deberán enviar previamente un e-mail a chandebrito1807@gmail.com indicando o seu nome e apelidos, lugar de residencia, número de teléfono e enderezo de correo electrónico.