Primeiro triunfo en competición oficial para o equipo feminino do Turonia

Partido de volta xogado no Campo da Gándara de Chaín (Gondomar) na noitiña do sábado, entre o primeiro club de fútbol gaélico fundado en Galicia e o máis recente: Fillas de Breogán da Coruña e o Turonia GFG. A vitoria foi para as novatas do Val Miñor por 27 (3/18) a 17 (3/08). Primeiro triunfo en competición oficial na historia do feminino do Turonia GFG; merecida, necesaria e gañada a pulso, logo de varias derrotas axustadas.

Un partido demarcado case todo o tempo para as turoniás que souberon plantarse no campo cunha fortaleza e definición que non puideron superar as da Coruña. O xogo estivo bastante igualado no primeiro tempo, rematado aínda así con vantaxe de 3 puntos para as de Gondomar. No segundo tempo a precisión no tiro paus e a boa dosificación do esforzo e da calma por parte do Turonia puxeron distancia estre os equipos, ao final por 10 puntos. Partido intenso, con lances de duro contacto que aínda así non quentaron o ambiente; caracterizado durante todo o xogo pola deportividade e o compañeirismo.

2019-03-07 - IMG_20190302_213727989