
Máis de 300 persoas participaron este mércores no Enterro da Sardiña organizado pola Concellería de Cultura de Gondomar. Despois do velorio no Auditorio Lois Tobío, a comitiva saíu á rúa acompañada do grupo de gaitas Novos Aires de Couso para facer un breve percorrido, xa que a choiva volveu facer acto de presenza. De volta no Auditorio, procedeuse á lectura do testamento e tras a proposición de indulto por parte do alcalde, Paco Ferreira, os asistentes decidiron finalmente indultala, sen prexuízo de que o vindeiro venres 15 de marzo, despois do desfile-concurso de comparsas, procédase á súa queima.