Os centros de día e residencias do Val Miñor celebran o Entroido no Auditorio de Nigrán

Preto dun cento de usuarios dos centros de día e residencias do Val Miñor festexaron esta mañá o seu propio Entroido no Auditorio Municipal de Nigrán, como vén sendo habitual ano a ano. Cada centro conformou cadansúa comparsa e interpretou unha canción ou parodia nunha xornada presentada por usuarios do Centro Juan María de Parada.

A deliberación do xurado deixou como primeiro clasificado ao Centro de Día “Botando unha man” de Nigrán coa súa comparsa “Guapos e guapas do Val Miñor”. Os segundos clasificados resultaron “O Celta Sénior”, da residencia Vila do Conde (Gondomar); e terceiros os “Pintores”, de Bellavista Care (Nigrán). O resto das comparsas foron Residencia Bo Día con “Chegan os doutores” e o Centro de Día Mancomunado do Val Miñor con “Ata o carballo”. Houbo tantas comparsas como premios repartidos.

2019-03-05 - IMG_6547