Obradoiro de coiro no Centro Sociocomuntario de Baiona

Este xoves día 7 de marzo comeza no Centro Sociocomuntario de Baiona unha nova actividade de traballos en coiro que, na súa primeira cita, de 18:00 a 20:45 horas, tratará a aprendizaxe na confección de pulseiras. Faranse varios tipos de pulseiras (os participantes levarán 6 pulseiras para casa), plana de 1-3-4 cabos, redonda de 4 cabos, secreta de 3 cabos e con trenza. Os asistentes aprenderán a coñecer diferentes coiros, cortar as tiras de coiro, trenzar e tinguir e brunir e rematar. Os interesados poden informarse sen compromiso no correo info@coiroenxebre.com ou no teléfono 655 483 761.