Enterro da Sardiña en Gondomar

A Concellería de Cultura de Gondomar organiza este mércores 6 de marzo o tradicional Enterro da Sardiña. Se a meteoroloxía o permite, a comparsa do velorio sairá ás 19:00 horas desde o Auditorio Lois Tobío acompañada por un pasarrúas que amenizará o grupo de gaitas Novos Aires de Couso. De non ser posible, a actuación e máis a lectura do testamento realizarase dentro das instalacións do Auditorio.

Tal e como figura nas bases do desfile-concurso de Entroido, están convocados como mínimo 10 integrantes disfrazados de viúvas compoñentes de cada unha das comparsas que desfilarán proximamente no concurso de comparsas e carrozas en Gondomar. As agrupacións de 10 persoas, serán contabilizadas pola organización ao chegar. A comparsa que non se presente, perderá o dereito ao premio de participación.