Sin categoría

Charla coloquio sobre o 8M e a política de igualdade en Baiona

O PSdeG-PSOE de Baiona organiza este mércores 6 de marzo ás 19:30 horas no Centro Multiusos Ángel Bedriñana unha charla coloquio sobre o 8M e as políticas de igualdade. Participará Concepción Vara Rodríguez, responsable de Igualdade do PSOE de Baiona, María Pierres, deputada do PSdeG-PSOE no Parlamento Galego e responsable de Igualdade, Susana Pérez, presidenta da Asociación de Empresarias de Galicia, e Carmela Silva, presidenta da Deputación de Pontevedra. O acto estará presentado e moderado por Carlos Gómez, candidato á alcaldía de Baiona do PSdeG-PSOE.