O Entroido máis surfeiro está en Nigrán

Patos Surf celebrou este sábado o seu “Carnaval Surfero”, unha xornada iniciada no 2009 na que os surfeiros da praia de Patos disfrázanse para celebrar o Entroido. Ao redor de sesenta alumnos da escola participaron nesta peculiar sesión, na que os surfeiros teñen que ir á auga disfrazados e tentar surfear co disfrace durante o maior tempo posible.