Festa infantil de Entroido con concurso de disfraces en Baiona

A Concellería de Cultura do Concello de Baiona organiza unha festa infantil especial de Entroido para os próximos días 5 e 6 de marzo. O martes de Entroido e o mércores de Cinza, haberá unha chea de actividades lúdicas gratuítas para os máis pequenos no Pavillón de Deportes en horario de 16:00 a 20:30 horas.

Os nenos e nenas poderán desfrutar de inchables, maquillaxe, obradoiros, Foamball da Área Nerf, Realidade Virtual, Plastichef de PlayDoh, Fotomatón, Fhotocall e Área de Bloques Xigantes.

Ademais, o martes 5, celebrarase un Gran Concurso Infantil de Disfraces, en modalidade individual. As inscricións realizaranse o mesmo día de 16:00 a 18:00 horas, dando comezo ao concurso ás 18:00 horas.

Os participantes optarán aos seguintes premios:
– 1º Premio: Unha Playstation 4.
– 2º Premio: Unha Tablet Samsumg Galaxy Tab 4.
– 3º Premio: Un Hoverboard + Kart
– 4º Premio: Un patinete eléctrico.
– 5º Premio: Unha Tablet Samsumg Galaxy Tab E.
– Do 6º ao 10ª Premio: Kit de agasallos.

O Concello de Baiona anima a todos os nenos e nenas a desfrutar desta programación e do Entroido.