La Primitiva deixa un premio de 1.500.000 € en Baiona

O sorteo de La Primitiva celebrado este sábado deixou un premio de 1.500.000 euros en Baiona. A combinación gañadora correspondeuse aos números 19-35-40-3-5-47, complementario 30, reintegro 1. O único boleto acertante de Primeira Categoría (6 acertos) foi validado na Administración de Loterías Nº 2 de Baiona, situada na rúa Carabela a Pinta, 22. O afortunado levará 1.502.139,74 euros.

De Categoría Especial (6 acertos + Reintegro) non existen boletos acertantes, polo que co bote xerado que se poñerá en xogo no próximo sorteo de La Primitiva, un único acertante de Primeira Categoría con Categoría Especial podería gañar 5.800.000,00 euros. Non é a primeira vez que esta Administración de Loterías reparte sorte. Xa o fixo en decembro de 2017 cun primeiro premio de Bonoloto, pero si é o máis importante ata a data.

Anuncios