Gondomar apraza o desfile de comparsas

FOTO: MIRIAM RODRÍGUEZ // Desfile de Comparsas en Gondomar.

Dende o Concello de Gondomar informan que por mor das condicións meteorolóxicas queda aprazado o desfile-concurso de comparsas previsto para hoxe ata nova data. Comunicarase en breve a nova data do desfile. Intentouse manter ata última hora a realización do evento sendo ás predicións e a alerta laranxa as causantes da decisión final do aprazamento.