Este domingo día 3 de marzo a partir das 16:30 horas Gondomar encherase de cor, música e alegría co Desfile-Concurso de Comparsas de Entroido, presentado pola cantante do Trío Azar. Tras a lectura do pregón, as 14 comparsas inscritas chegadas de Vigo, Nigrán, Tomiño, Gondomar e Baiona percorrerán as rúas principais da vila condal. O desfile comezará na rúa Ameixeira, para logo baixar por Eduardo Iglesias e Avda. Elduayen, ata a rotonda de Don Diego Sarmiento de Acuña.
Unha vez finalizado o percorrido, o xurado, composto por 7 persoas e presidido polo alcalde, Paco Ferreira, será o encargado de elixir os gañadores, tendo en conta detalles como o vestiario, a maquillaxe, a escenografía, o deseño da carroza e a música, que sexa en directo ou con acompañamento de instrumentos musicais ou rítmicos. A gañadora levará 900 €, a segunda 700 € e a terceira 500 €; ademais entregaranse 6 axudas de 350 € para as seis seguintes clasificadas e 250 € ás restantes.
Unha vez entregados os premios, a festa continuará coa actuación do Trío Azar.

