O cinema fantástico musicado en directo no IES Auga da Laxe

Este venres 1 de marzo continúa o III Ciclo de Concertos do IES Auga da Laxe, en Gondomar, organizado polo Departamento de Música do centro, dirixido por Sergio Álvarez, que se celebra o primeiro venres de cada mes, de febreiro a xuño.

Nesta ocasión será un concerto de 16MM, cine fantástico de segundo de chomón musicado en directo con Paulo Pascual, theremin, e Macarena Montesinos, violoncello, a partir das 20:30 horas no Salón de Actos do Instituto.

Donativo 5 euros. Apertura de portas ás 20:00 horas. Ademais, haberá merchandising.