Sin categoría

Desfile Escolar e Musical Disney “Sueño Infantil” en Gondomar

O Concello de Gondomar continúa este venres 1 de marzo coa programación de Entroido. A Concellería de Educación organiza o tradicional Desfile Escolar, no que participan cada ano centos de escolares do municipio. Saíndo ás 11:00 da mañá do aparcadoiro do Pavillón de Deportes, percorren as principais rúas do centro urbano. Pola tarde, a Concelleira de Cultura programa o Musical Disney “Sueño Infantil”, da Compañía Boriska, que comezará ás 19:00 horas no Auditorio Lois Tobío con entrada gratuíta.