Sin categoría

Ana Pontón fala de municipalismo en Gondomar

O Instituto de Estudos Miñoráns continúa este venres día 1 de marzo ás 20:30 horas co ciclo «Galicia 2017-2020: presente e futuros». Neste segundo faladoiro intervirá a voceira do grupo parlamentario do Bloque Nacionalista Galego, Ana Pontón. Moderará a xornada o xornalista Xosé Manuel Pereiro. O contido da xornada tratará sobre a situación de Galicia 2017-2020 respecto do municipalismo. Desenvolverase na Aula de Cultura Ponte de Rosas, Avenida da Feira Nº 10 baixo, Gondomar.