Cidadáns denuncia a inactividade da web municipal de Nigrán

Cidadáns Val Miñor denuncia a inactividade e o estado desactualizado da web municipal do Concello de Nigrán desde o 31 de agosto do pasado ano.

Desde Cs, a súa portavoz no Val Miñor, Fabiola Cavalier, traslada con esta denuncia a súa preocupación ante a inactividade e deixamento mostrada polo goberno municipal no que á web municipal refírese xa que, tal e como explica, “a sección de eventos da páxina web do Concello a día de hoxe, informa de que non hai eventos próximos e que o anterior ocorreu o 31 de Agosto do ano pasado”. Un feito, que desde Cidadáns táchase de “preocupante” e que en opinión da portavoz local de Cs, “debería ser emendado e atendido, xa que un Concello turístico que se prece debe manter ao día a súa web, sobre todo as seccións que máis visitas poden recibir por parte dos turistas, como é o caso da que nos ocupa”.

Matiza Cavalier que “é unha web de información municipal, que non só usan os turistas, senón que serve para todos os veciños e veciñas de Nigrán que temos dereito a coñecer que ten previsto o Concello para nós nos próximos días e meses”.

Por iso, desde Cidadáns Val Miñor solicítase ao Concello que se manteña actualizada a axenda na páxina web do concello “para que os veciños poidan informarse dos próximos eventos programados, como ocorre noutras páxinas webs de Concellos próximos; algo normal que non deberiamos estar a reclamar como algo excepcional”, finaliza a coordinadora de Cs.