O Auditorio da Casa da Navegación de Baiona acolle este venres 22 de febreiro ás 20:00 horas unha nova conferencia da IV edición de Mar de Historias sobre a arqueoloxía na rehabilitación do antigo Hospital do Santo Espírito, a cargo de Patricia Iglesias, directora das intervencións realizadas, e Rosa Villar, directora da Casa da Navegación. A entrada é libre ata completar aforamento.
A conferencia de Begoña Fernández sobre Recordos e Memorias do Convento de San Francisco de Baiona, programada para o mes de xaneiro pero aprazada por indisposición da conferenciante, celebrarase o próximo día 29 de marzo ás 20:00 horas.

